CulturaCulturaÚltima hora

Diferentes perspectivas do rural e o selo verinés de Adrián Salgueiro, no IV Intersección na Coruña

O Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo desenvolverase do 22 ao 31 de outubro

 

Máis de 20 artistas galegos, entre eles o verinés Adrián Salgueiro, participarán no IV INTERSECCIÓN – Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo, que se desenvolverá do 22 ao 31 de outubro na Coruña, e que focaliza a súa programación en obras “que se atopan no cruce do arte contemporáneo e o cine de vangarda, abarcando unha gran variedade de formatos, técnicas e linguaxes”.

Esta iniciativa, que supón unha aposta decida pola creación contemporánea de Galicia, conta coa colaboración de tres galerías da Asociación de Galerías de Arte Contemporáneo de Galicia. Unha das novidades desta cuarta edición será unha nova sección, Conexión Atlántica by 1906, unha maridaxe de arte contemporáneo, gastronomía e cervexa. Incluirá Retallos ao azar, de Iria Vázquez, é a performance que da inicio a Conexión Atlántica. O traballo da artista e o de Iván Domínguez, chef de NA-DO, dialogan nunha maridaxe de arte e gastronomía.

A sección galega do festival aposta, unha vez máis, por unha selección de obras heteroxéneas en canto a estilos, formatos e perfiles. En palabras de Sara Donoso, unha das programadoras do festival, “nesta edición, tras máis dun ano tratando de asimilar unha nova situación de pandemia mundial que puxo en evidencia o estado natural das dinámicas sociais, interesámonos por aquelas miradas que introducen discursos sobre o espazo e os seus tránsitos, da súa construción social e política, pero tamén poética”. Así, os traballos de Sabela Eiriz, Acacia Ojea, Blanca Rego, Ruth Montiel, Alejandra Pombo, Carme Nogueira e Santiago Talavera, “cuestionan o estado xeral das cousas e propoñen outras formas posibles de habitar: dende o dixital, o distópico, o íntimo ou o espectral”.

Como en edicións anteriores, para a sección Contemporánea, INTERSECCIÓN alíase con galerías que forman parte da Asociación de Galerías de Arte Contemporáneo de Galicia. Nesta ocasión, a galería Nordés propón as obras de Narelle Jubelin e Helen Grace; Metro, unha de Lúa Gándara e Vilaseco, unha de Rodríguez-Méndez. Os traballos seleccionados propoñen situacións que nos convidan a ver máis alá do que parece que sabemos e a cuestionar a nosa forma de mirar o mundo.

A sección Escolas é un espazo que busca visibilizar e incentivar o talento emerxente que se desenrola nas interseccións das artes. A Galería Solaina, co-organizadora da sección nesta edición, convidou ás participantes da convocatoria a reflexionar nas súas obras no entorno á dicotomía Ciudad vs Rural.

 

“Enxames” de Adrián Salgueiro.

 

“Enxames” de Adrián Salgueiro

Das obras recibidas seleccionáronse 15 pezas de distintas disciplinas. Así, os traballos do verinés Adrián Salgueiro, de Ana Sánchez, Antón Zaera, Cinema Semente, Cristina Chiarroni y Rokekes, Daniel Emmanuel Iglesias, Daniel Selas, Elvira Martos, Inma Veiga, Laura MS, Lil Chachi, Nora Galván, Santiago Barandiaran, Seares e Telarete móstranse agora nunha exposición colectiva que reúne diferentes perspectivas do rural.

Salgueiro participa neste festival coa obra “Enxames”, un proxecto visual de fotografía e collage que “propón unha exploración etnográfica e persoal da aldea de San Xoán de Enxames, unha parroquia do concello de Vilardevós na comarca de Verín, da provincia de Ourense, cunha poboación de aproximadamente 100 habitantes na actualidade”. O autor realiza unha “reconstrucción da imaxe do pasado, a través do recordo e os materiais conservados sobre a vida da miña familia materna na aldea, dende a visión de meus avós, Manuel Salgueiro e Angelita Martínez, nunha contraposición coas novas visións do territorio na actualidade, onde se mantén dende sempre unha “esencia” e un pracer pola vida no rural, semellando unha imaxe proxectada nas verbas de diversos poemas da cultura galega engadidos no proxecto”.

Outras propostas do festival

Despois de estar presente en dúas edicións anteriores, o LAB consolídase como lugar de encontro para persoas de diverso perfil e intereses, implicadas no desenrolo de proxectos artísticos, para facer unha posta en común dos mesmos. Coordinada polo artista Enrique Lista, as artistas seleccionadas para formar parte desta mesa de traballo son Gari Arambarri, Maite Redondo y Judith Adataberna, que poderán debater xuntas sobre os recursos e estratexias que permitan facelas avanzar.

INTERSECCIÓN está financiado, entre outros, polo Concello da Coruña, a Deputación da Coruña, AGADIC e o Ministerio de Cultura, AC/E – Acción Cultural Española e o ICAA.

Artigos relacionados

Back to top button