DeportesÚltima hora

Dimite a directiva do C.D. Rúa

O club queda a expensas de que se presente un novo grupo para coller o relevo
Un momento da asemblea do C.D. Rúa. /Mónica G. Bellver.
Un momento da asemblea do C.D. Rúa. /Mónica G. Bellver.

Despois de dous anos ao fronte do Club Deportivo Rúa, a directiva con Diego González Moral á cabeza vén de presentar a dimisión. Facíao na tarde do 1 de xullo, diante dos poucos socios que asistían á asemblea xeral nas dependecias do consistorio rues.

A directiva saínte explicou que o club xa está inscrito na competición, dende o equipo sénior ata o alevín e que a directiva que entre contará cun saldo de 2.600 euros. Ademais as equipacións están practicamente completas e o club seguirá contando coa colaboración do Concello. Así o asegurou o concelleiro de Deportes, Avelino Fernández, presente na asemblea, “aínda non podemos falar de cantidades pero dende logo o club pode contar polo menos coa mesma subvención que viña recibindo ata agora (8.000 euros), despois xa se verá” dixo.

Entre os resultados do club deste ano, está a fase de ascenso xogada polos cadetes que tamén chegaban á final da Copa Deputación. O equipo sénior pola súa banda lograba manterne en primeira autonómica.

Artigos relacionados

Back to top button