CD ArenteiroDeportesFútbolÚltima hora

Dimite a directiva do CD Arenteiro

Fíxose efectiva nunha asemblea extraordinaria celebrada na tarde de onte, 18 de xuño, no Estadio Municipal de Espiñedo

A dimisión da directiva do CD Arenteiro fíxose efectiva nunha asemblea extraordinaria celebrada na tarde de onte, 18 de xuño, no Estadio Municipal de Espiñedo. Así, a nova directiva que substituirá á de Paco Cachorro, decidirase nunha nova asemblea o vindeiro 2 de xullo ás 20:00 h.

 

 

Ademais, na primeira parte da asemblea tamén se valorou a traxectoria deportiva do clube durante esta tempada, pasando despois á parte económica. Debido ao remate inesperado da competición a causa do Covid-19, o clube tivo que reaxustar o presuposto para rematar a tempada sen aumentar a débeda que ascende a pouco máis de 31.000€.

 

 

“Queremos agradecer a colaboración de xogadores e corpo técnico que renunciaron a parte da súa retribución económica polo que a débeda quedou contida neses 31.000€, e poder así poder comezar a nova tempada sen esa carga, causa que axudará a plantexar o futuro de forma máis optimista”, explicaban dende o clube.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button