OurenseÚltima hora

Dimite o alcalde de Xinzo de Limia

O mércores 8 de agosto celebrarase un pleno para “rendir contas sobre a súa dimisión”
Manuel López Casas, o xa ex alcalde de Xinzo de Limia.

Na mañá de hoxe, luns 6 de agosto, o alcalde de Xinzo de Limia cesou nas súas actividades como edil e concelleiro “por motivos persoais e familiares”.

Tal como adiantan dende o Concello, o mércores 8 de agosto celebrarase un pleno, ás 17h. para “rendir contas sobre a súa dimisión”. Manuel López Casas cumpriu os cen días de mandato o pasado 16 de xullo, tras ocupar o posto o pasado mes de abril.

Artigos relacionados

Back to top button