CulturaCulturaÚltima hora

“Diploma cruceiros de Galicia”, un novo reto para os radioafeccionados

Está promovido polo Grupo de Radioafeccionados de Trives, o Grupo DX Radio Tierra de Rosalía de Padrón e Radio Club Fene Alfa Charlie co obxectivo de "promocionar a nosa terra e patrimonio histórico

 

Tras a excelente acollida dos concursos de “A Cabra tira ao monte” (durante o confinamento) e “Noite Meiga” (polo San Xoán), os seus promotores teñen xa preparado un novo concurso de cara á vindeira fin de semana: “Diploma Cruceiros de Galicia”.

Trátase dun diploma “diferente a todos os diplomas de radioafeccionados existentes” e está promovido polo Grupo de Radioafeccionados de Trives, o Grupo DX Radio Tierra de Rosalía de Padrón e Radio Club Fene Alfa Charlie co obxectivo de “promocionar a nosa terra e patrimonio histórico a través das ondas por todo o planeta”, tomando como referencia os cruceiros.

 

 

Os tres radio clubs organizadores sinalan que “os cruceiros da nosa terra, seña de identidade da paisaxe galega e expresión da devoción popular, levantanse en cruces de camiños ou preto de ermidas, igrexas ou cemiterios.”.

O diploma activarano os socios dos tres radio clubs organizadores en HF, CB e DMR Tg 214012 Galicia dende o 4 de xullo, “sendo este diploma permanente”.

Artigos relacionados

Back to top button