DeportesÚltima hora

Directivos do equipo de remo de Bielorrusia visitan Oca Nova Manzaneda

O equipo absoluto participará nos Xogos Olímpicos de Río
Directivos do equipo de remos de Bielorrusia cos responsables de Oca Nova Manzaneda.
Directivos do equipo de remos de Bielorrusia cos responsables de Oca Nova Manzaneda.

Os responsables do equipo absoluto de remo de Bielorrusia, que participará nas Olimpiadas de Brasil, visitaban na mañá do 30 de marzo as instalacións de Oca Nova Manzaneda.

O director do equipo, acompañado polos seus asesores valoraron “moi positivamente as condicións da estación, tanto de aloxamento como de hostalaría para realizar stages de pretempada que xa veñen realizando na nosa provincia”, explican dende Oca Nova Manzaneda, sendo as instalacións deportivas como o pavillón, o ximnasio, piscina cuberta ou a sauna, a unha altitude de 1.500 metros, o aspecto máis valorado.

ONM_BR_02

Trala visita, que tiña lugar da Deputación de Ourense e o Inorde, “acordouse un compromiso para continuar as conversacións e planificar posibles acordos”, din dende Manzaneda.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close