CulturaCulturaMúsicaSen categorizarÚltima hora

O director da banda de gaitas Redegaita tocará xunto a Carlos Núñez

O gaiteiro convidou a Jhonathan Ferreira a actuar con el nos concertos medievais que dará na provincia de Ourense
Jhonathan Ferreira (á dereita) xa ten tocado xunto a Carlos Núñez.

Santo Estevo, Oseira e Montederramo son os emblemáticos mosteiros de Ourense que Carlos Núñez escolleu para os concertos especiais sobre música medieval que dará os vindeiros días (27, 28 e 29 de xullo). Tres actuacións nas que o artista contará cun convidado moi especial: Jhonathan Ferreira, profesor da Real Banda de Gaitas e director da Banda de Gaitas Redegaita, coñecida polo seu nivel de actuación por toda Europa. Tal como adianta o propio Ferreira, en Santo Estevo e Oseira Carlos Núñez estará tamén acompañado por algúns gaiteiros seleccionados de Redegaita.

Estes concertos, que teñen un aforo de público limitado “son un dos motivos de traballo de Redegaita e dos seus membros”, asegura o director, e para eles supón unha gran ilusión e un alicente moi especial poder formar parte “dun proxecto musical que só o gaiteiro máis internacional pode realizar e levar a cabo”. Por iso levan ensaiando moitos días “para estar á súa altura e dos músicos que o acompañan”, segura Jhonathan.

Con todo, esta non é a primeira vez que Ferrerira colabora con Carlos Núñez xa que anteriormente, a banda de gaitas As Portelas de Lubián, que tamén dirixe, foi convidada a participar no concerto de fin de ano do Palau de la Música de Barcelona.

Despois dos concertos medievais desta semana na provincia de Ourense, Redegaita prepararase para participar no St. Patrick’s Parade de Dublín (Irlanda) onde acaban de ser convidados pola organización.

Artigos relacionados

Back to top button