OurenseÚltima hora

A directora xeral de Xuventude participa en Ourense nas Xornadas de Tempo Libre de Argalleira

Cecilia Vázquez pon en valor as potencialidades do sector do tempo de lecer no marco do proxecto Iniciativa Xove
Vázquez participou hoxe nas Xornadas de Tempo Libre, que se enmarcan no programa Iniciativa Xove da Consellería de Política Social.
Vázquez participou hoxe nas Xornadas de Tempo Libre, que se enmarcan no programa Iniciativa Xove da Consellería de Política Social.

As Xornadas de Tempo Libre que se están levando a cabo en Ourense polo grupo informal Argalleira contaron hoxe cunha participación especial: a da directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta. Cecilia Vázquez visitou a cidade das Burgas para poñer en valor as potencialidades do sector do tempo de lecer no marco do programa Iniciativa Xove, da Consellería de Política Social.

Este proxecto ten como obxectivo promover a participación e a implicación da xuventude na construción dun tempo libre de calidade. Así, Vázquez subliñou que a Iniciativa Xove potencia o desenvolvemento de proxectos coma este, que evidencian a capacidade de iniciativa dos nosos mozos e contribúe a descubrir e potenciar o talento xuvenil”.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close