OurenseÚltima hora

Discos PORNO prepara un mes con moita actividade

O programa do colectivo cultural ourensá inclúe concertos, audiovisuais e literatura
Cartel dos concertos de Carmonas e Bala.
Cartel dos concertos de Carmonas e Bala.

Discos PORNO regresa cunha serie de eventos que se celebrarán en Ourense no mes de outubro. Tal como explican dende o colectivo, “nesta ocasión a diversificación é máxima, xa que ademais dos acostumados concertos, incluiranse artes plásticas, audiovisuais e literatura”, comezando esta mesma semana cunha exposición de Santiago Paredes, e combinando grupos punteiros de Galicia como Ataque Escampe, Chicharrón ou Bala, con outras bandas como os valencianos Antiguo Régimen e Carmonas. De forma paralela, cara o final do mes, as bandas PORNO Monstruo, Uppercut e Avecrem predicarán a súa filosofía por España adiante en varios concertos, mentres se preparan para saír do forno as próximas edicións do selo.

O programa comezará mañá sábado 4 coa presentación da exposición de Santiago Paredes e o concerto da banda valenciana Antiguo Régimen, no Café Cultural El Pueblo, ás 20:30h.

O xoves 9 de outubro, ás 22h. haberá un doble concerto: o das valencianas Carmonas e o do dúa coruñés Bala.

O venres 10 de outubro tamén ás 22h. haberá unha festa Prenom con Ataque Escampe e Chicharrón. Segundo explican dende a discográfica ourensá, Prenom “son un estudo cooperativo, un laboratorio de luz que ten traballado o deseño gráfico ou o videoclip con nomes de prestixio como Triángulo de Amor Bizarro, Franc3s, El Columpio Asesino ou Novedades Carminha”. Antes da festa, en torno ás 20h. Mar Catarina presentará a súa exposición fotográfica “A Lagoa” na Librería Eixo.

Pechando o programa, o venres 17 de outubro ás 19:30h. presentarase na Librería Eixo, o libro “Veintitrés rechazos, tres entradillas” de Nando Vázquez.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button