CulturaCulturaEducaciónEntroido 2022Última hora

Disfraces, música e doces na festa de Entroido do colexio San Pablo VI-Fátima da Rúa

 

Disfraces, música, chocolate e doces caseiros (flores, orellas, bica,…). Son os ingredientes cos que o colexio San Pablo VI-Fatima da Rúa organizou a súa particular festa de Entroido.

Así, na mañá deste venres 25 de febreiro, os cativos e os profesores ían accedendo ao patio xa disfrazados co mar como tema central. Uns ían de simpáticos cangrexos, outros de peces de cores, de cigalas, de piratas, de sereas,… De seguido os cativos degustaban o almorzo antes de dar paso ao baile de disfraces que poñía o broche á xornada.

O colexio convidou ao chocolate mentres que as familias colaboraba cos doces. “Resultou fenomenal”, aseguran dende o centro escolar.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button