ConcellosÚltima horaVilamartín

Dispositivo de busca en Vilamartín para localizar a un ancián que falta dende onte do seu domicilio

Publicidade
Antonio García.

 

Esta mañá vén de montarse un dispositivo de busca para localizar a un veciño de 89 anos, que vivía no Barco pero que estaba pasando uns días coa súa irmá e sobriña na Portela (Vilamartín de Valdeorras). Trátase de Antonio García Fernández, que falta do seu domicilio desde las 19:15 h. de onte, 3 de xaneiro.

A última vez que se tivo contacto con el foi ás 20h., cando se puido falar co octoxenario  por teléfono e comentaba que estaba desorientado. Dende entón non hai máis datos.

No dispositivo de busca, montado pola Garda Civil da Rúa, participa o helicóptero da Garda Civil e o servizo cinolóxico (de cans), así como o Equipo de Rescate e Intervención en Montaña da Garda Civil de Trives, Protección Civil, varias patrullas da garda civil e drons, e o GES Valdeorras.

 

Artigos relacionados

Back to top button