ConcellosÚltima hora

Dispositivo especial en Verín para a cabalgata e gala de Reis do 5 de xaneiro

Imaxe a Cabalgata de Reis do pasado ano en Verín./ Foto: Concello de Verín.

 

“Co fin de continuar coa liña en materia de seguridade e autoprotección en eventos que conten cunha gran afluencia de público asistente”, a Concellería  de Seguridade Cidadá, tráfico e Protección Civil do Concello de Verín vén de informar sobre o dispositivo de seguridade especial para a Cabalgata e Gala dos Reis Magos, que terá lugar o 5 de xaneiro.

Elaborouse un plan de autoprotección para “evitar posibles incidentes e actuar con eficacia e rapidez ante calquera posible emerxencia, e dun xeito coordinado entre os diferentes equipos de emerxencia”. Neste dispositivo haberá uns 20 efectivos conformados por Policía Local e Protección Civil do Concello de Verín. Ditos efectivos contarán cunha ambulancia cedida pola Empresa Ambulancias Sil para o dispositivo especial de seguridade.

O dispositivo de seguridade para devandito evento será, segundo informa o Concello de Verín, o seguinte:

Cabalgata de Reis:

  • A Cabalgata comezará as 17:00 horas.
  • Percorrido: Casa do Escudo, avenida Luis Espada, rúas Deputación e Irmáns Moreno.
  • Recoméndase que o público non se achegue á carroza para evitar posibles accidentes.
  • O tráfico rodado irase cortando progresivamente por parte da Policía Local co avance da Cabalgata.

 

Gala de Reis (Pavillón Municipal de Deportes):

  • Como o ano pasado, o escenario principal onde se situarán os Reis Magos estará situado nun fondo da pista do Pavillón de Deportes Municipal.
  • Haberá dúas zonas para o público asistente:

– Zona de pista: para persoas con mobilidade reducida, pais e nais que veñan con carrito de bebé e para público en xeral.

– Zona de grada: para público en xeral.

  • Poderá accederse ao pavillón pola porta principal (rúa Irmáns Moreno) e pola porta lateral (rúa José Santamaría).
  • Haberá un aforo limitado non superior ás 2.500 persoas, polo que se recomenda que soamente acuda un adulto por cativo/a, co fin de facilitar o acceso ao máximo número de menores de idade.
  • A apertura das portas será ás 17.15 horas. O público que acceda recibirá unha invitación co fin de controlar o aforo dun modo exacto.
  • Tras a entrega dos agasallos por parte dos Reis Magos, os/as nenos/as e adultos que salgan do recinto non poderán volver a entrar ao mesmo.
  • No interior do pavillón, os corredores e as escaleiras (vías de evacuación) deben quedar sempre libres.

“Con estas medidas, o Concello de Verín quere velar pola seguridade de todas as persoas que acudan á Cabalgata e Gala dos Reis Magos”, segundo de informa dende esta Administración local.

 

Artigos relacionados

Back to top button