ConcellosÚltima hora

Disvalia celebra a asemblea xeral ordinaria, no Barco

Entre as actividades previstas para este ano están a participación en diferentes eventos da vila como os Maios
A directiva de Disvalia na asemblea.
A directiva de Disvalia na asemblea.

Na tarde do 20 de febreiro, Disvalia (Persoas con Discapacidade de Valdeorras Asociadas) celebraba no salón actos do Edificio Multiusos do Barco, a asemblea xeral ordinaria cos socios, coa exposición da orde do día: lectura e aprovación da acta anterior, memoria e estado de contas do 2014; plan de traballo do 2015; e rogos e preguntas.

No apartado de actividades previstas para este ano 2015, expuxéronse os plans, proxectos e subvencións solicitadas, agradecendo a colaboración das entidades patrocinadoras (Concello do Barco de Valdeorras, Deputación de Ourense, a obra social La caixa, Fundación Roviralta…).

Entre as iniciativas programadas dende o colectivo, están o proxecto fisioterapia de grupo; natación terapéutica; curso informático Basic Iniciación teléfono móbil; Dia de convivencia con Aixiña no Barco; deseño e creación de trípticos informativos sobre Disvalia; participación nos Maios coa colocación dun mecadiño; curso-taller de manualidades artísticas (talleres Laura); confección alfombra floral do Corpus; celebración da Noite de San Xoán cos socios na área recreativa; a festa do II aniversario cun xantar asociativo e de convivencia; magosto de confraternización cos familiares dos socios; marecadiño floral polo Día Internacional de Discapacidade; e mercadiño navideño en colaboración co Concello do Barco e outras asociacións.

Artigos relacionados

Back to top button