ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Disvalia celebra o seu 8º aniversario rodeada de amigos

A asociación de persoas con discapacidade de Valdeorras organizou unha festa na que participaron Asfaval e Morea

Na praia do Malecón do Barco de Valdeorras e rodeada de amigos, celebraba a asociación Disvalia o seu 8º aniversario na soleada tarde do 4 de outubro.

Á beira do río, o programa comezaba coa presentación da asociación e de seguido o grupo de teatro Morea Show actuaba para os presentes. Tamén os membros de Asfaval se sumaban á celebración cun improvisado baile (flashmob). Ademais, festa incluía unha merenda e a actuación musical de Sito que deu un concerto en acústico.

Disvalia nacía no ano 2011 como resposta ás demandas do colectivo de persoas con discapacidade da comarca de Valdeorras, coa misión de “conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade, en todos os ámbitos da sociedade, defendendo e promocionando os dereitos das persoas con discapacidade; e reivindicando un cambio social que satisfaga as súas necesidades e expectativas”. Na actualidade contan con socios de toda a comarca e realizan todo tipo de actividades, dende informar e asesorar ata ofrecer servizo de rehabilitación, cursos de formación e tamén ocio (manualidades, mercado de Nadal, celebración de festividades como o Magosto ou os Maios,…)

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button