ConcellosÚltima hora

Disvalia concéntrase na estación de tren do Barco para pedir que o Servizo Atendo esté operativo as 24 horas

A manifestación tiña lugar no mediodía do 3 de decembro, Día Internacional da Discapacidade

 

Coincidindo coa conmemoración do Día Internacional da Discapacidade, que celebraban cun mercadiño navideño na praza do Concello do Barco, os membros de Disvalia protagonizaban, no mediodía do 3 de decembro,  unha concentración diante da estación de tren do Barco de Valdeorras “para pedir que, dada a boa aceptación que tivo cando se creou na comarca no ano 2017, o Servizo de Atendo, estableza o Servizo Atendo 24 horas na estación do Barco, xa que o actual, condiciónanos a viaxar con 12 horas de antelación, en lugar de facelo cando un quere”, explican desde Disvalia.

Tamén aproveiraron a ocasión para pedir o regreso de Adrián, traballador do Servizio de Atendo, “pola súa maravillosa dedicación á axuda de persoas maiores, adultas, nenos con mobilidade reducida e discapacitado”. As mostras de cariño eran evidentes con mensaxes como “Adrián te queremos” ou “Disvalia te echa de menos”.

 

Mercadiño navideño de Disvalia na praza do Concello do Barco.

 

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button