SanidadeÚltima hora

Disvalia manifesta o seu malestar polo funcionamento do servizo de rehabilitación do HCV

Antes “tiñamos diariamente dous rehabilitadores nas consultas, agora temos que arreglarnos con dous días á semana, e non sempre, ademais de contar con menos persoal de fisioterapia”, din deste esta asociación valdeorresa

 

A asociación de Persoas con Discapacidade Física e Enfermidades Dexenerativas de Valdeorras (Disvalia) vén de emitir un comunicado de prensa no que reflexa o seu malestar polo xeito no que está a funcionar o servizo de Rehabilitación do Hospital Comarcal de Valdeorras, no Barco. Ademais, sinala que dende esta entidade xa se interpuxeron “varias queixas no Servizo de Atención ao Paciente” do citado centro hospitalario.

Segundo este colectivo na nota de prensa “dende que xa non somos área sanitaria e pertencemos ao distrito de Ourense, moito variou a calidade sanitaria. Antes tiñamos diariamente dous rehabilitadores nas consultas atendendo satisfactoriamente as demandas dos pacientes, agora temos que arreglarnos con dous días á semana, e non sempre, ademais de contar con menos persoal de fisioterapia”.

Tamén sinalan dende Disvalia que “atopámonos con que suspenden os tratamentos sen moitas explicacións, que non receitan o material ortoprotésico necesario. Existe unha falta de interese notable”. Ademais fan un “chamamento para que mellores estas axudas e a nosa calidade humana”.

Máis información:
https://osil.info/o-sergas-asegura-que-o-hcv-ten-6-xornadas-de-consultas-de-rehabilitacion-a-semana-e-manten-o-mesmo-numero-de-fisioterapeutas/

Artigos relacionados

Back to top button