ConcellosÚltima hora

Disvalia organiza unha concentración na estación de tren do Barco para “pedir o Servizo Atendo 24 horas”

Será o 3 de decembro, data na que a asociación valdeorresa celebrará o Día Internacional da Discapacidade

Esperando o tren na estación do Barco. /Foto cedida.

 

O vindeiro martes, 3 de decembro, celebrarase o Día Internacional da Discapacidade. Unha data sinalada que como cada ano dende a súa creación Disvalia Valdeorras conmemorará instalando un posto de flores e Lotería de Nadal na praza do Concello do Barco a partir das dez da mañá. Ese mesmo día, en torno ás 13 horas, a asociación organizará diante da estación de tren no Barco, “unha concentración para pedir que, dada a boa aceptación que tivo cando se creou na comarca no ano 2017, o Servizo de Atendo, estableza o Servizo Atendo 24 horas na estación do Barco, xa que o actual, condiciónanos a viaxar con 12 horas de antelación, en lugar de facelo cando un quere”, explican desde Disvalia.

 

A presidenta de Disvalia Begoña Dacal na estación do tren do Barco, co traballador do Servizo Atendo. /Foto cedida.

 

Dende o colectivo adiantan que temén queren pedir o regreso de Adrián, traballador do Servizio de Atendo, “porque se ganou pouquiño a pouco o cariño dos barquenses, pola súa maravillosa dedicación á axuda de persoas maiores, adultas, nenos con mobilidade reducida, discapacitados, etc, e porque no grupo de facebook, O Barco, la plaza y entorno, foi nomeado en numerosas ocasións e incluso se mencionou, facelo fillo adoptivo de Valdeorras, pola súa calidade no traballo e amabilidade”.

 

Artigos relacionados

Back to top button