ConcellosO BarcoÚltima hora

Disvalia recibe unha aportación de 3.000€ para a adquisición de material para o coidado postural

CaixaBank concede a través da súa obra social, esta axuda ao colectivo de Persoas con Discapacidade de Valdeorras Asociadas

 

Colectivo de Persoas con Discapacidade de Valdeorras Asociadas, Disvalia, vén de recibir unha nova aportación económica de CaixaBank, a través da súa obra social. Nesta ocasión trátase de 3.000 euros para a adquisición de material para o coidado persoal do que se beneficiarán as persoas asociadas e as súas familias (unhas 50 persoas).

Tal como explican dende Disvalia, con este material poderán realizar na sede da entidade, exercicios básicos de mantemento como estiramentos ou fortalecemento muscular que diminúen  a dor que provoca a espasticidade que sofren moitas das persoas asociadas. “Un dos principais efectos que ten a discapacidade e a dependencia física nas persoas é a cotracción muscular, a diminución de rango de movemento e o conseguinte aumento da dor e da diminución da autonomía”, explican dende Disvalia, engadindo que este desgaste afecta tamén aos coidadores co conseguinte aumento de contraturas polo sobreesforzo na movilización do familiar. Problemas que poden derivar en patoloxías e problemas de saúde se non se exercita o corpo e que poden previrse coa adquisición deste material que facilitará un benestar mínimo tanto ás persoas dependentes como aos coidadores “ao dispor de ferramentas para estirar e fortalecer”.

 

 

O convenio de colaboración entre a asociación e a entidade financieira facíase público no mediodía deste 9 de decembro na propia sucursal bancaria, no Barco de Valdeorras, nun acto ao que asistían, xunto a outros membros, a presidenta de Disvalia, Begoña Dacal; o alcalde do Barco, Alfredo García; e o director da oficina de CaixaBank no Barco, José Luis Rodríguez Arias.

 

Artigos relacionados

Back to top button