ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Disvalia recibe unha aportación económica para subvencionar dous proxectos

A Obra Social La Caixa dona 5.000 euros ao colectivo de Persoas con Discapacidade de Valdeorras Asociadas

Un de fisioterapia e outro de ocio e tempo libre. Son os dous proxectos que Disvalia subvencionará cos 5.000 euros que a oficina de Caixabank no Barco de Valdeorras, vén de donar a través da Obra Social La Caixa.

Co primeiro, baixo o nome de “In corpore sano”, Disvalia ofrecerá un servizo e rehabilitación individualizado para as persoas con discapacidade da comarca. “Ao non dispoñer dun profesional deste ámbito, faremos un convenio cunha clínica na que se valorará a cada persoa e deseñará un tratamento segundo a súa patoloxía”, explican desde Disvalia.

No caso do segundo proxecto, engloba unha serie de actividades destinadas a coñecer parte do patrimonio galego, así como desfrutar de experiencias en zonas que pola localización e a comunicación da asociación non son posible. As propostas inclúen unha saída á praia (Sanxenxo) e outra a Verín para desfrutar do Entroido. “O presuposto destínase principalmente ao gasto derivado do transporte adaptado para persoas con mobilidade reducida e os gastos de xestión do mesmo”, explican dende Disvalia.

O convenio de colaboración entre a asociación e Caixabank facíase público no mediodía do 15 de decembro na propia sucursal bancaria, nun acto ao que asistía, xunto a outros membros, a presidenta de Disvalia Begoña Dacal quen asegurou “estar encantada” animando á xente a pasar polo Mercadino de Nadal desta fin de semana para coñecelos e unirse á asociación. O alcalde do Barco Alfredo García tampouco faltou ao acto, asegurando que “este diñeiro é a consecuencia do labor que está realizando Disvalia, un labor serio e importante”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button