ConcellosPetínÚltima hora

Diver Petín 2021, campamento de verán para os máis pequenos, do 1 de xullo ao 31 de agosto

As inscricións estarán abertas do 23 ao 29 de xuño no Concello

Obradoiro de cociña en Petín hai uns meses. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

O ano pasado non se pudo celebrar debido ás restricións, por iso neste 2021, Petín prepárase para un campamento infantil de verán cargado de actividades.

Subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade polo que é gratuído para os usuarios, chega Diver Petín, o campamento pensado para nenos de 3 a 12 anos que se celebrará do 1 de xullo ao 31 de agosto, de luns a venres de 10 a 14 horas. “As incricións estarán abertas do 23 ao 29 de xuño no Concello para un máximo de 20 cativos, dando prioridade ás familias con menos recursos económicos e ás empadroadas en Petín”, explica a alcaldesa Raquel Bautista, puntualizando que darán a posibilidade de desfrutar da actividade durante quince días, un mes ou os dous meses de verán.

Con respecto ás actividades, impartidas dende Pinchacarneira de Viana, serán moitas e moi variadas, vencelladas co deporte, coa música, coa creatividade e mesmo coa cociña ou a ciencia. Así, haberá obradoiros de todo tipo, festas temáticas, ximkanas, roteiros e moito xogo. E todo coas pertinentes medidas sanitarias dos protocolos Covid.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button