ConcellosÚltima hora

Diversas actividades durante esta semana en San Xoán de Río

O xoves haberá unha charla e un documental, mentres que a fin de semana será o campionato de tiro ao prato

Esta semana vén cargada de actividades en San Xoán de Río. O xoves día 8 haberá unha charla dirixida á prevención e mellora da seguridade dos maiores ás 18:30 horas, seguida da proxección do documental “Mulleres: o sustento do Rural”, as 20:30 horas.

 

Así, a fin de semana será o turno do compionato de tiro ao prato, no campo de fútbol “A Abelleira”. Os adestramentos terán lugar o sábado 10, de 16:30 a 21:30 horas; e o domingo 11, de 11:00 a 14:00 horas; mentres que a tirada será o domingo de 16:00 a 21:30 horas.

 

 

Os premios da tirada serán: para o 1º un xamón de bodega e un trofeo; para o 2º un xamón e un trofeo; para o 3º unha paletilla, unha lima, un coitelo e un trofeo; para o 4º e 5º unha paletilla; e do 6º ao 10º unha camiseta.

O prezo da tirada será de 15 euros, mentres que o dos adestramentos e reenganches será de 10 euros.

Artigos relacionados

Back to top button