OurenseÚltima hora

Diversos concellos da provincia beneficiaranse dos fondos da Xunta para a rehabilitación das ARI

Ourense, Castro Caldelas, Ribadavia e Vilar de Santos están entre os territorios que optan ao reparto

Un total de 17 concellos presentaron as súas solicitudes para optar ao reparto de fondos destinados ás áreas de rehabilitación integral (ARI) en virtude da resolución publicada no DOG o pasado 30 de xuño. Deste xeito, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destinará 2.665.741,81 euros ás actuacións de rehabilitación de vivendas e edificios de vivendas, urbanización e reurbanización nas 29 ARI para as que pediron financiamento.

 

Praza Maior de Ourense.

 

Na provincia, os concellos de Ourense (casco histórico e núcleo de Seixalbo), Castro Caldelas (conxunto histórico), Ribadavia (casco histórico) e Vilar de Santos poderán beneficiarse destes fondos. Mentres que na provincia de Lugo, Monforte de Lemos (conxunto histórico e zonas de respecto) e Sober tamén recibirán axudas.

As axudas incrementaranse nun 25%, cando as persoas beneficiarias sexan menores de 35 anos e as actuacións se realicen en concellos de menos de 5.000 habitantes.

O importe das axudas autonómicas terán unha contía máxima de 4.000 euros por cada vivenda obxecto da actuación de rehabilitación ou renovación, sen que a subvención poida exceder de o 10% do orzamento protexido de rehabilitación da vivenda ou do edificio

Os concellos recibirán por cada vivenda rehabilitada ou construída 2.500 euros (1.500€ da Xunta e 1.000€ do Ministerio) para financiar o custo de xestión e dos equipos e oficinas de planeamento, de información, de xestión e de acompañamento social.

 

Artigos relacionados

Back to top button