Galerías de fotosÚltima hora

Divertido Xoves de Comadres en Trives

Cea e baile para festexar, entre moitos disfraces, o Xoves de Comadres en Trives o 28 de febreiro. Unha animada trintena de mulleres compartían a esta celebración que se iniciaba arredor da mesa no establecemento de hostalaría Troula. Ademais sumábanse un par de homes, que acudían disfrazados (un deles de muller).

Despois da cea, a festa continuaba na praza do Reloxo con baile. Deste xeito, Trives dá paso aos días grandes de Entroido que culminarán co Enterro da Sardiña o Mércores de Cinsa.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button