EconomíaEconomíaÚltima hora

DJ Albert Novo amenizará a noite de “Halloween” no Bravo Lux (A Rúa)

O produtor que comparte actuacións con Kiko Rivera, Nicky Jam ou Daddy Yanke, pinchará na Rúa o domingo 31 de outubro

 

Aproxímase a noite de Halloween ou Samaín e no Bravo Lux da Rúa teñen preparada unha dobre sesión musical para a fin de semana.

O sábado 30 de outubro pinchará no local de hostalaría rues, Motto Inda House, Dj e produtor gañador do concurso Europa Baila de Europa FM, entre outros. Grazas á súa versatilidade e gran capacidade de adaptación, Motto está soando cada vez máis no panorama nacional, cunhas sesións moi variadas nas que destacan estilos como o EDM, o Deep House, House ou Tech-House. Un artista que sen dúbida fará vibrar ao público que se achegue ata o Bravo.

 

 

Un público que tamén poderá bailar ao día seguinte, domingo 31 de outubro, ao ritmo do Dj e produtor castelán-leonés residente en Madrid, Albert Novo. Cunha longa carreira musical Novo ten actuado en festivais coma o Starlite Marbella e pinchando nas mellores salas do país e fóra del en países como Italia, Suíza ou Francia, facéndose moi popular pola canción Te fuiste xunto a Kiko Rivera  con quen percorre a xeografía española de bolo en bolo aínda que tamén ten compartido escenario con artistas como Farruko, Nicky Jam, Daddy Yanke, Juan Magan, Kevin Roldán ou Omar Montes, entre outros. Tal como adiantan dende o Bravo Lux, na Rúa pinchará o vindeiro domingo.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button