SanidadeÚltima hora

Do 10 ao 13 de agosto poranse no Hospital de Valdeorras en torno a 1.450 vacinas, entre primeiras e segundas doses

 

Na xornada deste domingo 8 de agosto, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, amosábase “decepcionado” ao constatarse que Galicia non vai recibir ningunha das 3,4 millóns de doses extra anunciadas a semana pasada polo presidente do Goberno. “Galicia terá, este mes de agosto, menos doses das que tivo en xuño e en xullo e as consecuencias son evidentes, porque ademais de non recibirá nada desta partida “extra”, hai que salientar que, nesta semana e a seguinte, o envío de viais de Moderna se reduce un 50%, o que significa que, non podemos administrar esas primeiras doses, posto que debemos garantir as segundas, que xa corresponden por tempo”. “A estas persoas se lles administrará Pzifer, grazas á reserva estratéxica que fai a nosa Comunidade”, dixo, Comesaña.

Polo demais, dede Sanidade aseguran que “estivemos a traballar para poder manter o resto das citas da semana que vén, o que non poderemos é facer o envío previsto dun número importante de SMS para novas citas, nin tampouco, polo momento, abrir mais ocos para autocitas”.

Así pois, esta semana poranse preto de 1.450 vacinas no Hospital de Valdeorras.

Para mañá martes 10 de agosto, foron convocadas 501 persoas para unha vacinación masiva (1ª dose) para a franxa de idade de 29 a 20 anos + autocita 16 a 19 anos + autocita maiores de 40 anos.

As cifras repítense para o mércores 11 de agosto: convocadas 501 persoas para unha vacinación masiva (1ª dose) para a franxa de idade de 29 20 anos + autocita 16 a19 anos + autocita maiores de 40 anos.

E para o venres hai convocadas 446 persoas de 30 a 35 anos para administralles a segunda dose.

No Barco de Valdeorras, a vacinación é de mañá e de tarde.

Artigos relacionados

Back to top button