OurenseÚltima hora

“Do cero ao infinito”, unha mostra fotográfica de persoas populares e anónimas, na Casa dos Poetas (Celanova)

A exposición do fotógrafo Plácido L. Rodríguez poderá verse ata o 17 de xullo

 

Dende hoxe, 20 de maio e ata o 17 de xullo, a Casa dos Poetas en Celanova acolle unha nova mostra do fotógrafo Plácido L. Rodríguez. Baixo o título “Do cero ao infinito”, esta exposición consta de trinta retratos a persoas populares e anónimas, pero con grandes historias.

Entre as personalidades coñecidas atópanse imaxes da cantante Alaska, do político Manuel Beiras, do escritor Carlos Ruíz Zafón ou Rafal Alberti. No ámbito galego destacan persoeiros do mundo cultural como Ben-Cho-Shey, Camilo José Cela ou catro galardoados co premio “Celanova, Casa dos Poetas” como son: o Padre Fontes, Isaac Díaz Pardo, Manolo Rivas e Acisclo Manzano.

 

 

O autor da exposición Plácido L. Rodríguez, é natural de Gomesende e foi o gañador do I Certame de fotografía analóxica “Se eu fixen tal mundo…” convocado pola Fundación Curros Enríquez en 2020. Fotógrafo profesional desde 1973 e colaborador de revistas  e prensa naciona,  fundou a galería Artegrafía. Ademais de participar en exposicións individuais e colectivas desde 1985, as súas fotografías foron publicadas nas mellores revistas de fotografía, ocupando varias veces as súas portadas: Arte Fotográfico, F V Actualidad, Diorama, Álbum, La Fotografía ou Fotografías. Entre os seus libros e catálogos destacan Cuba, catro miradas un obxectivo e Sol de galiñas, que recolle unha antolóxica de 1980 a 2006.

 

 

A mostra “Do cero ao infinito” poderá verse de martes a venres na casa familiar de Manuel Curros Enríquez en Celanova situada na rúa Curros Enríquez de 10 a 14 e de 16 a 19 horsd e os sábados de 11 a 14 e de 16 a 19 horas.

Artigos relacionados

Back to top button