ConcellosÚltima hora

Doazón de material da Fundación Paideia ás residencias públicas do PAC de Trives

 

O alcalde de Río, a alcaldesa de Trives e o presidente da Mancomunidade Navea-Bibei (no centro), amosando o material sanitario recibido dende a Fundación Paideia Galiza./ Foto cedida.

 

Pantallas protectoras, gorros dun só uso, batas e mascarillas reutilizables. É o diferente material de protección que forma parte do gran lote que a Fundación Paideia Galiza vén de doar ás residencias públicas da Área do PAC de Trives, formada polos concellos de Trives, Río e Manzaneda.

Nun comunicado emitido conxuntamente os alcaldes destes tres Concellos e a Mancomunidade Navea-Bibei agradecen publicamente á citada fundación a doazón “de todo este material e a Miguel Ángel Vázquez, presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, por pornos en contacto a concellos e fundación”.

A Fundación Paideia Galiza, creada por Rosalía Mera, ten cinco eidos fundamentais de actuación, segundo lembran os concellos de Trives, Río e Manzaneda: “discapacidade e emprego, mocidade e mobilidade, emprendemento, desenvolvemento territorial e formación e divulgación”.

Esta entidade está presidida por Sandra Ortega e a súa misión é “promover a igualdade de oportunidades e favorecer o desenvolvemento persoal e social, mediante a creación de propostas/proxectos innovadores e sustentables”.

Artigos relacionados

Back to top button