En portadaÚltima hora

Dobre cita deportiva e solidaria polo cancro infantil, o 5 de xuño en Rubiá

A BTT de 30 km sairá ás 9:30 horas e andaina de 11 km ás 10:30 horas, dende a praza da Baicela

Saída da andaina na anterior edición, antes da pandemia./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Da man do Concello de Rubiá e do grupo de espeleoloxía Águilas Verdes, o 5 de xuño celebrarase por segunda vez (a primeira foi no 2019 cunha alta participación) unha cita deportiva solidaria polo cancro infantil, deste volta con dúas modalidades: andaina de 11 km e BTT de 30 km.

A saída será dende a praza da Baicela, ás 9:30 horas para os ciclistas e ás 10:30 horas para os andaríns. A recollida de dorsais será a partir das 9 da mañá. A andaina, para todos os públicos, discorrerá polo entorno do concello, mentres que o circuíto da BTT levará aos participantes polo parque natural da Serra da Enciña da Lastra.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse antes do 27 de maio online, a través da web http://www.galitiming.com ou tamén de forma presencial nas dependencias do Concello de Rubiá. O prezo para menores de 16 anos é de 5 euros e para maiores é de 10 euros, e inclúe unha camiseta e o xantar que se ofrecerá no pavillón municipal ao rematar.

Ademais, como acto solidario que é, haberá unha ‘fila 0’ para poder colaborar economicamente. A recadación irá destinada á Asociación Española Contra o Cancro, en Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button