DeportesSen categorizar

Dobre cita galega en Calabagueiros

Os Campionatos autonómicos cadete e junior de clubs, o 10 de maio nas pistas do Barco
Unha atleta competindo nas pistas barquenses./ Foto: Carlos G. Hervella
Unha atleta competindo nas pistas barquenses./ Foto: Carlos G. Hervella

Cunha dobre cita autonómica comezará en maio a competición de atletismo nas pistas de Calabagueiros. Estas instalacións deportivas barquenses serán escenario dos campionatos galegos de clubes junior e cadete de pista ao aire libre o sábado 10 de maio. Ambos serán organizados en xornada de mañá e tarde pola Federación Galega de Atletismo (FGA), a través da súa delegación en Valdeorras.

A competición comezará, salvo cambios de última hora, ás once da mañá coa proba masculina de 5.000 metros marcha (C4) e coas femininas de 3.000 m. marcha (C1) e de lanzamento de martelo (3-4 kg). Co relevo de 4×100 concluirá a sesión da mañá e a actividade retomarase pola tarde, a partires das 16:30h. cos 110 m. valados junior masculinos e coa xavelina 800-600 gr. tamén masculina. O programa pecharase en torno ás 19:35h. cos relevos masculinos e femininos de 4×400 metros.

Texto: A.R. Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil de maio).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button