OurenseÚltima hora

Dobre derrota do Auriense FG na Coruña

Os equipos masculino e feminino do club ourensán perdían contra Fill@s de Breogán

De “desastrosa para o conxunto ourensán” califican esta fin de semana dende o Auriense FG que perdía tanto na categoría masculina como na feminina nos seus desprazamentos á cidade da Coruña.

O sábado, os rapaces plantaron cara ata o descanso a Fillos de Breogán, equipo favorito ao título, caendo nun segundo tempo onde “o equipo local quedou sen rival, xa que o Auriense desinflouse fisicamente, permitindo numerosas contras e tantos fáciles”, din dende Ourense, chegando ao final co 6-13 (31)/0-04 (4) no marcador.

O domingo, tamén perdía o Auriense feminino contra Fillas de Breogán, 4-16 (28)/0-17(17), aínda que “con mellores sensacións”. Malia que en defensa as visitantes encaixaron 4 tantos, “é destacable o acerto a paus que nos últimos encontros están tendo as ourensás, unha faceta importante que seguro axudará a competir coas equipas da parte alta da táboa”, aseguran dende o club ourensán.

Artigos relacionados

Back to top button