Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Dobre obradoiro para pechar a 5ª Semana da Lactación Materna no Barco

Noela Prieto, asesora en lactancia e Doula, impartía unha sesión sobre os atrancos na lactación e outra sobre a comunicación en familia

Con dous obradoiros sobre lactancia e crianza concluían o 7 de outubro as actividades da 5ª Semana da Lactación Materna do Barco, que nesta edición tiña como lema “Sostendo a Lactación Materna Unidos”. A partires das dez e media da mañá impartíase unha sesión sobre lactancia materna a cargo de Noela Prieto, asesora de lactación, Doula e Coach de familia. Nela comezábase falando das fases, así como das crises e atrancos nas lactacións establecidas e da súa xestión emocional. Por outra banda, tamén se abordaba o proceso do destete e a alimentación complementaria.

Durante a tarde tiña lugar un novo obradoiro, desta volta centrado na temática “Comunicarse en familia dende o amor e o respecto mutuo”, tamén da man de Noelia Prieto. Nel expoñíase a importancia da comunicación cos bebés dende o primeiro momento a través da linguaxe non verbal ou das miradas, e despois coa verbal a medida que van medrando, xunto co valor da escoita, de empatizar coas súas emocións e de verbalizalas. Plantexábanse cuestións como a de fomentar a capacidade de toma de decisións dos nenos, a xestión das rabietas e das diferentes condutas, etc.

A 5ª Semana da Lactación Materna, que se desenvolvía do 1 ao 7 de outubro, ten sido organizada polo Grupo de apego á lactancia e crianza con apego “De Nai a Nai” coa colaboración do Concello do Barco e de Ecom.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button