DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Dobre proba de BTT en Vilariño de Conso

Na media distancia vencía Pablo Diéguez e na curta o primeiro en cruzar a meta era José Manuel Taín

Dende Fradelo (Viana do Bolo) dábase á saída ás dez en punto da mañá do 23 de xullo á proba de BTT que promovía o Concello de Vilariño de Conso en colaboración con D’lecer. A partir de aí os participantes tiñan dúas posibilidades: unha ruta longa de 47 km e outra de media distancia de 35 km. Nos dous traxectos a organización establecía cinco avituallamentos de sólido e líquido.

En ambos percorridos a meta estaba situada nas proximidades do encoro do Cenza. O primeiro en cruzala na media distancia era Pablo Diéguez Cerdeira do equipo valdeorrés Tres Lunas Race, no caso da ruta de longa distancia impoñíase José Manuel Taín Vidueira do BTT As Frieiras.

Tras a competición os participantes repoñían forzas nunha pinchada ofrecida. Nesta proba a organización contaba coa colaboración da Deputación de Ourense, de Cruz Vermella de Viana, Conso e Frieiras e de Protección Civil de Vilariño de Conso e da Gudiña.

Fotos: Carlos G. Hervella, agás as catro últimas imaxes, que son cedidas.
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button