CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

Dobre sesión de fútbol base no Vicente Solarat da Rúa

Na mañá deste sábado 4 de decembro xogaban en casa os benxamíns e os alevíns

Publicidade

 

Case conseguen clasificarse pero tanto o equipo benxamín como o alevín do CD Rúa quedaban finalmente fóra da XLI Copa Deputación tralos partidos de oitavos de final disputados na mañá deste 4 de decembro no campo Vicente Solarat Maceda, no Aguillón rues.

Os primeiros en xogar pasadas as once da mañá eran os benxamíns que se enfrontaban ao Pabellón Promesas de Ourense que finalmente vencían (clasificándose para a seguinte ronda) por 2-3. De seguido tocáballe o turno aos alevíns que tiñan como rival ao Pabellón Ourense CF, o mellor equipo da súa categoría a nivel provincial “e incluso galego” asegura o adestrador, Álex Lorenzo, orgulloso de que fose o seu equipo quen se adiantara no macador. Así e todo a superioridade dos ourensáns foise impoñendo e finalmente vencían 2-5, clasificándose para a seguinte ronda.

A domicilio xogaban partidos de Copa esta fin de semana outros dous equipos do CD Rúa. Os cadetes perdían 8-0 no campo do Cented Academy mentres que os infantís lograban clasificarse, trala vitoria 1-2 no campo do CD Allariz.

As fotos da galería corresponde aos dous partidos disputados no campo rues, o dos benxamíns e o dos alevíns. Os equipos benxamín e alevín B xogarán os seus correspondentes partidos de oitavos de final da Copa Deputación o vindeiro día 8, en casa ante A Peroxa CF e CDC Pereiro, respectivamente.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button