EconomíaEconomíaÚltima hora

Dobre sesión musical no Bravo Lux como broche ao V CaViño de Inverno

La Mosca Valiente e Doc Magoo’ s actuarán na Rúa na noite do venres e sábado, respectivamente
La Mosca Valiente actuará mañá a partir das once da noite.

Como en edicións anteriores, o Bravo Lux aposta forte para vivir un CaViño 2019 espectacular, con dúas propostas musicais para finalizar as tardes de viños e foliada desta fin de semanana Rúa.

La Mosca Valiente, dúo formado por Marcos e Rodrigo, chega por primeira vez para actuar mañá venres 28 ás 23:30 h. Agochados tralas máscaras de pressing catch mexicanas coas que aparecen en escena, escóndense dous curtidos músicos pontevedreses de longa traxectoria, dispostos a levar o formato acústico ao límite. Cun repertorio ecléctico, no que abordan cancións de onte, de hoxe e de sempre, prometen festa rachada cun concerto no que poden chegar a tocar temas de 8 ou 9 estilos diferentes.

 

Dog Magoo’s actuará o sábado.

 

A proposta musical para o sábado 29 á mesma hora, será o grupo Doc Magoo’ s con repertorio de clásicos dos anos 60 e 70. “Soarán cancións míticas do panorama internacional, con recoñecidos grupos de rock como The Doors, Rolling Stones, Beatles, Bob Dylan ou Neil Young”, explican dende Hermanager Produccións. Xabier (guitarra), Mani (batería), Napo (baixo), Franki (guitarra), Pierrez (teclas) e Mr. Taín (voz e guitarra) chegan desde Monforte de Lemos para revivir unha noite de chupa de coiro e lentes de sol.

Artigos relacionados

Back to top button