OurenseÚltima hora

Dobre sesión para a estrea en Ourense da nova obra de Sarabela Teatro

As representacións de "Crónicas do paraíso", inspirada nas "Crónicas de Sochantre" de Álvaro Cunqueiro, serán o 21 de setembro ás 21h. e o 22 ás 20h.

Invitacion á estrea da nova obra de Sarabela Teatro.

 

Sarabela Teatro está de estrea. O vindeiro día 21 de setembro presentará en Ourense a súa nova montaxe Crónicas do paraíso. O texto de Fernando Dacosta para a nova produción está inspirado nas Crónicas do Sochantre de Álvaro Cunqueiro, historia na que un grupo de misteriosos viaxeiros compartían carruaxe viaxando por Bretaña.

Gonçalo Guerreiro dirixe a nova peza teatral da compañía ourensá nas que subirán aos escenario o propio Fernando Dacosta xunto a Sabela Gago, Fina Calleja, Fran Lareu e Elena Seijo. A estrea farase no Auditorio Municipal de Ourense ás 21h. onde a obra se representará tamén o domingo 22 ás 20h.

Artigos relacionados

Back to top button