ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Dobre sesión sobre o antigo Camiño de Santiago con Toti Martínez e o luthier Emilio Arias en Verín

Coa súa intervención completábase o ciclo “O outro Camiño”, promovido pola Biblioteca Municipal

Dende as súas orixes pagás ata a actualidade. Toti Martínez de Lezea facía un percorrido polo Camiño de Santiago dende antigo, antes da súa gran difusión pola relixión cristiá na conferencia que impartía en Verín na tarde do 9 de xuño. Era asemade unha conferencia moi especial porque nela estaba acompañada polo luthier Emilio Arias, quen, ao mesmo tempo, ía achegando a musicalidade das antigas cantigas da Idade Media.

Con esta dobre intervención completábase o ciclo “O outro Camiño”, que organizaba a Biblioteca Municipal de Verín entre os días 1 e 9 de xuño. Tratábase dun conxunto de catro conferencias que afondaban dun xeito diferente, e con conferenciantes de gran prestixio, na ruta xacobea.

Fotos: Biblioteca Municipal de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button