Dobre título para o Adas do Barco no campionato galego absoluto por equipos

Vencía tanto na categoría feminina como na masculina por clubs, sendo o mellor resultado valdeorrés individual o de Sandra Mosquera, subcampiona galega

Algúns dos atletas do Adas que competían nas Pontes no galego absoluto individual e por equipos./ Foto: A.R.

 

No campionato de Galicia absoluto, Sub23 & Sub20 de campo a través, que se desenvolvía o 3 de febreiro nas Pontes, o Club Adas colleita catro podios. En categoría individual feminina, a sénior Sandra Mosquera proclamábase subcampiona ao correr os 9 km de distancia da proba en 34:08. Só a superaba Paula Mayobre (34:02).

Ademais o equipo feminino do Adas (formado, por Mosquera, Susana Arrúa, Iria Fernández, Joana F. Pereira, Barca Toba e Paula Santos) vencía nesta cita, cun total de 10 puntos.

Na categoría masculina Iván Roade era terceiro e Alejo Ares cuarto. E ambos lograban (xunto a Carlos Villamor, José Talavera, Alfonso Mendoza e A. Essaadaoui) o título absoluto da proba (9 km.), ao sumar 20 puntos.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies