OurenseÚltima hora

Dobre vitoria do Auriense FG na liga galega

Os equipos feminino e masculino vencían en casa aos de Gondomar

Durante as dúas últimas semanas, xogadoras e xogadores do Auriense FG acudiron a centros educativos para explicar o deporte e promocionalo entre a mocidade ourensá, por iso, había un gran ambiente nas bancadas para asistir ao debut en casa do equipo feminino ourensá ante as rapazas do Turonia de Gondomar, no campo sintético da Universidade en Ourense.

Con igualdade dende o primeiro minuto e intercambio de golpes, o equipo local estivo por diante practicamente todo o encontro, aínda que as rapazas de Gondomar mantiñan a opción da remontada. Cun final de infarto, o resultado era favorable para as locais por un 6-11 (29) / 5-09 (24).

A continuación tocáballe o turno aos rapaces. Nesta ocasión a igualdade no partido durou apenas 5 minutos, xa que o Auriense mostrouse contundente e sentenciou antes de chegar ao descanso, cunha vantaxe de 20 tantos. “A intensidade do partido foi decrecendo no segundo tempo ata chegar ao final o resultado favorable para os ourensáns: 8-19 (43) / 0-09 (09).

A vindeira fin de semana, o Auriense FG ten dúas citas importantes na Coruña, para xogar contra Fillos e Fillas de Breogán, dous partidos de nivel entre equipos da parte alta da clasificación.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button