DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Dobre vitoria local na XI Velada de Boxeo Amateur Concello do Barco

Jonathan Álvarez e Felipe Morales, do Club Kickboxing Valdeorras, vencían nos seus respectivos combates

 

Homenaxes, combates, bailes, exhibicións, sorteos,… Moi completa foi a XI edición da Velada de Boxeo Amateur Concello do Barco celebrada na tarde-noite do 6 de decembro no pavillón vello barquense.

De novo da man do club berciano Mamba Fight e do club barquense Kickboxing Valdeorras, a velada arrancaba cunha homenaxe a Luis Torrado Treus, adestrador de boxeo falecido hai uns meses, que incluía a proxección dun víedeo sobre o deportista e a entrega dunha placa e un ramos de flores aos seus familiares. De seguido comezaban os combates de boxeo.

 

Exhibición de capoeira entre os combates.

 

Polo club local, adestrados por Juan J. Pardo loitaron Jonathan Álvarez e Felipe Morales, con sendas vitorias nos seus correspondentes combates: Jonathan vencía a Daniel Seara do Club Tíbet de Xixón en -62 kg; mentres que Felipe vencía a Borja García tamén do club de Xixón, en -64 kg.

A velada, á que asistíu numeroso público, incluíu ademais, un baile de capoeira a cargo do grupo Muzenza do Bierzo, unha exhibición de Grappling entre dous loitadores barquenses, e un sorteo.

 

Loitadores e adestradores do Barco de Valdeorras trala velada.

 

Máis información na vindeira edición de O Sil Deportivo.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button