SanidadeÚltima hora

Doce casos de Covid en residencias galegas, un deles na provincia de Ourense

 

Tamén medran as cifras de coronavirus relacionados coas residencias da terceira idade de Galicia. Así, segundo a última actualización facilitada pola Consellería de Sanidade, hai un total de 8 usuarios positivos, todos eles da residencia Orpea Coruña (Culleredo, A Coruña).

Ademais son 4 traballadores de centros de maiores con Covid, tan só un deles da provincia de Ourense, en concreto da Residencia DomusVi Barra de Miño (Coles). Os tres restantes son os seguintes: un traballador da Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove), outro da Residencia de Maiores de Paradela e un terceiro da Residencia Orpea Coruña (Culleredo).

Artigos relacionados

Back to top button