ConcellosÚltima hora

Doce folións participarán no desfile de Vilamartín o 16 de febreiro

A xornada rematará coa cea popular da II Festa das Sopas de Allo no pavillón do Bañadoiro
Folión Os Viticultores de Vilamartín de Valdeorras. /Foto: Mónica G. Bellver.

Por segundo ano consecutivo Vilamartín de Valdeorras abrirá o Entroido coa Festa das Sopas de Allo, prevista nesta ocasión para o sábado 16 de febreiro, á que están convidados folións da comarca e tamén das zonas de Trives, A Gudiña e mesmo Castro Caldelas.

O programa arrancará ás 17h. na zona da Rodeleira coa petición do permiso e o pregón a cargo da actriz e presentadora da TVG Nieves Rodríguez. De seguido comezará o desfile polo pobo que contará coa presenza dos folións do Tameirón, Carracedo, O Bolo, Sobrado, Chandrexa, As Maceiras (Trives), Os Labregos (Trives), A Caniceira (Trives), A Lardeira (Piñeiro), Petín, O Irrio de Castro Caldelas, e Os Viticultores (Vilamartín).

A xornada, organizada pola Asociación Cultural Folión Os Viticultores, rematará coa cea no pavillón do Bañadoiro, cun menú a base de empanada, sopas, panceta, postre, café e licores. As entradas (7 euros excepto folións) están á venda en Peluquería Duar e Bar Santos.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button