OurenseÚltima hora

Doce novos bombeiros incorpóranse ao servizo no Concello de Ourense

Coa culminación do proceso selectivo destes efectivos, o cadro de persoal dos bombeiros da cidade aumenta de 41 a 53 profesionais

 

O Concello de Ourense reforza o cadro de persoal do Servizo de Extinción de Incendios e de Salvamento coa incorporación de 12 novos efectivos que tomaban poseisón na mañá deste xoves 17 de febreiro como bombeiros condutores, incorporándose ao cadro de persoal municipal. O acto, celebrado no salón de plenos, estivo presidido polo alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, e contou coa asistencia do concelleiro de Seguridade Cidadá, Telmo Ucha.

Coa culminación do proceso selectivo destes efectivos, o cadro de persoal dos bombeiros da cidade aumenta de 41 a 53 profesionais, na que constitúe “a maior incorproación de efectivos de bombeiros case da historia de Ourense”, segundo subliñou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, xa que a súa incorporación permite incrementar nun 30% a dotación de recursos humanos deste servizo municipal.

Agora chegan 12 “e non serán os últimos”, avanzou o rexedor, quen destaca que “solucionamos así un problema de efectivos que tiñamos desde hai lustros”, e cuxas consecuencias se manifestaban especialmente nas épocas de verán, facendo que en ocasións o servizo “quedase en cadro”.

Os novos bombeiros da cidade, que hoxe tomaron posesión, asistirán agora a dous cursos de formación e estarán operativos desde o día 5 de marzo.

 

Artigos relacionados

Back to top button