SanidadeÚltima hora

Doce pacientes ingresados por coronavirus no Hospital de Valdeorras

 

Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Continúa medrando a cifra de pacientes infectados por Covid-19 ingresados no Hospital Público de Valdeorras. Segundo os últimos datos da Consellería de Sanidade, a cifra ascende a 12, dous máis que na xornada de onte.

Na provincia rexístranse un total de 660 casos activos por coronavirus (101 máis que o mércores), segundo a última actualización da consellería. No momento de redactar esta información dende o Sergas non se falicitaron datos sobre o número de ingresos por coronavirus nos outros hospitais da área sanitaria ourensá, nin sobre o número de pacientes a seguemento dende o domicilio.

 

Artigos relacionados

Back to top button