Ao pé de río remataban as catro probas de descenso de augas bravas que na fin de semana do 21 e 22 de maio se desputaban no Sil ao seu paso polo Barco. Eran a Copa España de Descenso sprint individual, o Campionato de España sprint por patrullas, a Copa de España clásica individual e o Campionato galego de descenso de augas bravas.
Tras a competición, as beiras do Sil no Malecón acollían a entrega de premios na que os membros do Fluvial Barco se subían ata en doce ocasión ao podio en diversas categorías. No caso do galego de augas bravas o Club Montaña Quixós de Monforte de Lemos (Lugo) facíase co título, sendo subcampión o Fluvial Barco, mentres que a terceira posición correspondíalle ao Club Fluvial Lugo.
A entrega de premios, na que estivo presente o concelleiro de Deportes do Barco, Aurentino Alonso, concluía cunha serie de agradecementos por parte do organizador destas citas deportivas, o Fluvial Barco. Así expresaba o seu agradecemento a Protección Civil, a Ambulancias Sil e ao Concello do Barco, así como as persoas do club que prestaron o seu apoio para facer posible estes catro eventos deportivos.
Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil
Máis fotos:
https://osil.info/copa-espana-clasica-individual-no-rio-sil-en-imaxes/