EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Doce viños valdeorreses na cata do XI Mercaberto, no Barco

Nesta actividade, organizada pola Ruta do Viño de Valdeorras e polo CCA, participaban unha trintena de persoas

Unha trintena de persoas sumábase á cata de viños que dirixía a sumiller Mercedes González na tarde do 24 de agosto no marco do XI Mercaberto do Barco. No seu decurso analizábanse sensorialmente e catábanse doce viños da Denominación de Orixe Valdeorras, sete deles monovarietais godellos.

A cata finalizaba cunha pequena proba na que os asistentes tiñan que identificar nunha cata cega os viños valorados anteriormente. Despois tiña lugar unha degustación de produtos gourmet do establecemento barquense A Manduca. Esta actividade ten sido organizada pola Ruta do Viño de Valdeorras xunto co Barco Centro Comercial Aberto.

A proogramación do Mercaberto continuaba despois cun concerto de Os Broders.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button