Galerías de fotosÚltima hora

Doces de Nadal elaborados polos “pequenos cocinillas” de Petín

 

Gofres, árbores de Nadal de chocolate, brownies decorados con forma de reno e galletas de diferentes formas (de estrela, da lúa, de corazón,…). Moi variados, vistosos e deliciosos quedaban os doces que os nenos de Petín preparaban no obradoiro “Cociña de Nadal” organizado polo Concello.

Da man de Pinchacarneira Ocio e Animación coa inestimable colaboración da reposteira, Natalia, os cativos aprendían a facer doces ao tempo que desfrutaban dun tempo de lecer, na mañá deste luns 28 de decembro.

Mañá, mércores día 30 de 11 a 13:30h. tócalle o turno ao segundo obradoiro, “Batucada Navideña”, para bailar, cantar e despedir o ano.

Fotos: Pinchacarneira.

Artigos relacionados

Back to top button