ConcellosÚltima hora

Doces, paseo entre castiñeiros e castañas, no Magosto da Veiga

Este municipio celebrará esta tradición de outono o vindeiro 17 de novembro cun programa de actividades que comezará ás 11h.

 

Cun obradoiro infantil de doces e un paseo entre castiñeiros comezará o programa do Magosto da Veiga o vindeiro 17 de novembro ás 11h. Estas actividades prolongaranse ás 18h. A partires das seis comezará na praza do Toural o magosto popular propiamente dito no que, ademais de castañas, haberá panceta, chourizos e viño.

Para máis información: Turismo A Veiga 988 350130

Artigos relacionados

Back to top button
Close