Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Doli Pereira presenta a súa primeira novela na Biblioteca de Verín

Este libro da autora verinesa leva por título “Cuando el alma tiene dos caras”

A escritora verinesa Doli Pereira vén de presentar na tarde do xoves 30 de agosto a súa primeira novela “Cuando el alma tiene dos caras” (editorial Letreme). O acto tiña lugar na Biblioteca Municipal de Verín ante numerosas persoas.

Nesta obra a autora prescinde da composición literaria poética utilizada nas súas dúas primeiras obras, “Vaivén de Recuerdos” (2015) e “Amanecer” (2017); e achega en prosa a historia de Elena, unha moza que só ten un propósito: deixar o tipo de vida que ten. Cando Javier, un importante home de negocios, crúzase no seu camiño, ve nel a oportunidade de conseguir o que sempre soñou, aínda que iso implique comezar unha nova vida nun novo país.

A autora

Nacida en Verín en 1975, Doli Pereira é dende sempre unha apaixoada da lectura. Dende moi pequena xa lle encantaba penetrarse nas historias dos libros. Con tan só 12 anos escribe o seu primeiro poema, sen saber que ese sería o principio dunha gran aventura polo mundo das letras. Gañadora de varios concursos literarios na súa etapa estudantil de Administrativo Comercial, sempre atopou na poesía unha forma de liberar todo o que sentía.

Fotos: Biblioteca Municipal de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button