ConcellosManzanedaÚltima hora

Domingo de feira en Manzaneda

 

A coñecida como praza da farmacia acollía na soleada mañá deste domingo 22 de novembro a feira mensual na vila de Manzaneda, mantendo todas as medidas de seguridade fronte ao Covid. O recinto deste mercado ao aire libre contaba con postos de diferentes produtos alimentarios como bacallau ou douro tipo, como é o caso das prendas de vestir. Non faltaban tampouco as pulpeiras habituais nos lugares de sempre.

Durante a feira, os voluntarios de Protección Civil de Manzaneda velaban para que se respectasen as normas de seguridade e hixiene en todo momento.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close