ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Domingo de Ramos na parroquia ruesa de Santo Estevo

No mediodía do 14 de abril tiña lugar a bendición de ramos e palmas no interior da igrexa ruesa de Santo Estevo. Numerosas persoas asistían a este culto relixioso co que se encenta a Semana Santa nesta parroquia, na que se vive con especial devoción. Despois tiña lugar a misa.

Como anécdota da xornada, antes da celebración relixiosa o sacristán pedía a colaboración dalgunha persoa que entendese de mecánica xa que ao sacerdote acabábaselle de estropear o coche e despois tiña que desprazarse a outra parroquia para dar misa.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos:
https://osil.info/bendicion-de-ramos-no-adro-da-igrexa-de-fontei-a-rua/
https://osil.info/a-bendicion-e-procesion-de-ramos-pon-en-marcha-a-semana-santa-barquense/

Artigos relacionados

Back to top button